Logo
SISO  SAÚDE
 
Normas para a publicación de artículos
      
  • Normas para la publicación de artículos
   
      Os traballos poderán tratar temas de : Filosofía, Antropoloxía, Psicoloxía, Socioloxía, Lingüística, así como calquera outra disciplina científica relacionada co campo da Saúde Mental, ademais das disciplinas biomédicas. 
      Os criterios para a aceptación dos traballos están na liña de acadar que esta publicación figure nos índices e publicacións secundarias, polo que debe adaptarse ás normas xeralmente aceptadas pola Comunidade Científica Internacional. 
 
  1. Os traballos deberán ser inéditos, mecanografiados a doble espacio en papel tamaño DIN A4 (deixando unha marxe libre de 4 cm. á esquerda da folla), enviaránse coas follas sen numerar e na folla do comenzo deixarase, antes da Introducción, unha marxe tamén de 4 cm. Recomendamos o seu envío en disquete en formato PC, utilizando, tratamento de textos Word Perfect, tanto na versión 5.1 coma 6.0 (os disquetes serán preferentemente de  3.5", tanto en alta como en baixa densidade). Evitarase calquera tipo de codificación nos documentos (compaxinacións, sangrados, tabuladores, etc). As notas pódense entregar en archivo-documento aparte ou en papel impreso.
  2. Tódolos traballos deben incluir: primeira páxina, resume texto, agradecementos, bibliografía, táboas e pés de figuras. Deberanse enviar catro copias do artigo completo, incluído as figuras. 

    A primeira páxina deberá conter: 

    1. Título do artigo na lingua orixinal e en inglés.
    2. Nome e apeliddos, profesion e lugar de traballo de cada autor.
    3. Nome dos Departamentos e institución ás que debe atribuirse o traballo.
    4. Renuncias, se existen.
    5. Nome, dirección e teléfono do autor ó que debe dirixirse a correspondencia sobre o traballo.
     Na segunda páxina incluirase un resume, de non máis de 150 palabras, na lingua orixinal do artigo en inglés, acompañado de tres a dez palabras clave para índices. 
     
  3. Na medida do posible, o texto apaptarase ós apartados clásicos de : Introducción (explicitando os obxectivos do traballo), Método, Resultados, Discusión e Conclusións.
  4. A bibliografía identificarase no texto mediante números arábigos entre paréntese e as citas numeraranse consecutivamente pola orde na que se citan por primeira vez no texto e reuniranse en páxinas separadas ao final do traballo. No caso dos libros especificaranse: autor, título, lugar de edición e ano; e no caso das revistas: autor título do artigo, nome da revista, ano , volumen, número e páxina. 
  5. As notas explicativas a pé de páxina sinalaranse con asterisco ou similar no texto e entregaranse en páxina suplementaria que seguirá inmediatamente a páxina do texto a que se refire a folla.
  6. As táboas mecanografiaranse en folla distinta cada unha, a dobre espacio, e irán numeradas consecutivamente; as abreviaturas empregadas irán explicadas a pé de páxian. Citaranse no texto por orde consecutiva.
  7. Os traballos enviaranse por correo en sobre de papel forte e se é necesario, protexidos por pastas duras e sen dobrar.
      No envío incluiranse copias de tódolos permisos precisos para reproduci-lo material xa publicado ou empregar fotografías de persoas identificables. 
      O Comité de Publicacións acusará recibo de todo artigo recibido e se remitirá ó autor a correspondencia recibida na Revista acerca dos publicados, pero non se manterá outra correspondencia acerca dos orixinais se non é previamente solicitada. Os orixinais non se devolven. 
      Todo artigo recibido será leído, polo menos, por dous lectores cualificados (anónimos) que informarán ó Comité de Publicacións sobre a conveniencia ou non da súa publicación, dacordo cos criterios establecidos por éste para cada sección. 
      A responsabilidade da decisión de publicar ou non un orixinal, así como a determinar a data que esto se levará a cabo  corresponde colexiadamente o Comité de Publicacións e, en última instancia, ó Director. 
      Os traballos enviaranse a: 
David Simón Lorda
Servicio Psiquiatría
Complexo Hospitalario Santa María Nai
OURENSE
Teléfono: 988-230102 ext. 328 ó 329
 
      ou a: 
 
Comité de Publicacións Siso/Saúde
Apartado Correos 2059
Santiago de Compostela
A Coruña
 
 
 
 
© Asociación Galega de Saúde Mental 1997