Logo
SISO  SAÚDE
 
Número 28
 
II XORNADAS DE ASISTENCIA. LUGO febrerio 1997
Manuel Castro Bouzas. PIR. Ferrol. España
 
   ¡Difícil encomenda ésta! ¿Cómo resumir a cantidade de datos e cifras que se manexaron?. Afortunadamente parece que vai haber unha publicación con eles. Polo tanto xulgo máis interesante case falar das impresións coas que saín de Lugo, unha vez rematadas a xornadas:

 1.- Hai un déficit acusado de profesionais e recursos en tódalas áreas de saúde. Nalgunhas das mesmas, en base ás cifras manexadas, a situación case podería etiquetarse de desesperada. Asemade non é que haxa déficit dalgún tipo concreto de profesionais, e que é de tódolos recursos: camas, psiquiátras, psicólogos, personal de enfermería...Polo que cada vez entendo menos a algunha das loitas que levo presenciado ultimamente, no que o primario son as cotas de poder, disimulados dunha falsa preocupación polo paciente disfrazado nun igualment cientifismo, ó berro de "¡Temos compañeiros en paro!". Diante destas loitas un arelaría algo de calma, de acougo e de clarexar de qué se esta falando. En caso contrario non me quedaría máis que pensar que esta situación esta sendo propiciada por alguén, e que os residentes PP.II.RR. e MM.II.RR. de Psiquiatría deberían reflexionar sobre o particular.

 2.- Unha posible orixe podería estár nun desinterés por algúns de investir nun eido sanitario que parece que nen entenden nen queren entender: non hai aparellos complexos, non hai grandes titulares. Todo o contrario: son pacientes difíciles, cun decurso incierto, e ós moitos teñen medo. Somos pouco publicitables.

 3.- Outro motivo parece que está na coexistencia de diversos réximes con distintos nivéis de, por dicilo dalgún xeito, implicación. Así a coexistencia de profesionais que só adican dúas horas horas do seu tempo á asistencia con outros que teñen unha xeira normal, individuos que traballan de modo absolutista xunto con outros que desempeñan o seu labor en equipo (cas friccións normais, pero necesarias), e as diversas administracións que de modo utilitarista reservan taifas de poder no eido da Saúde Mental. Algúns destes profesionais aparecen ve-la plena dedicación profesional á atención pública, o traballo en equipo e a dependencia do Sergas como unha ameaza...non sei, pero cada un pone poñer nestas reticencias o que se lle estea pasando pola cabeza e probablemente acertará.

 4.- A solución parecería ós ollos dun profano clara: dotación...Pero parece que é máis complicado ca esto. Non sei se é que se quere contentar a moitos, ou se hai xente interesada en que as cousas sigan como están, coa exclusión de certos profesionais. Neste punto pregaría, para os que non estiveron, a leitura da exposición do Sr. Santiago Lamas sobre as distintas clases de personas e tipos que nos podemos encontrar cando alguén intenta traballar doutra maneira.

 5.- De penúltimo se fixo unha reflexión sobre o modelo de intervención, centrándonos na calidade asistencial., cun exemplo gastronómico pero que me praceu: ¿ Parece que na pública teríamos que optar pola segunda, pero, ¿Temos elementos susceptibles de ser cociñados así? Eu penso que non.

 6.- Por último, a clausura do Ilmo. Sr. Conselleiro, de agredecer se supón unha maior consideración e priorización do noso tipo de intervencións. Espero que os ouropeles e fastos de presentación da revista "Sociedad", días despóis, non o engaiolaran ata o punto de perde-lo punto de vista multidisplinar e dialogante que representa a Asociación.
 

 
© Asociación Galega de Saúde Mental 1997