Logo
SISO  SAÚDE
 
Número 28
 
"La vida personal del psicoterapeuta" de James D. Guy. Editorial Herder. Colección de Psicoloxía, Psiquiatría e Psicoterapia, nº 176, 1995 (orixinal 1987).
Manuel Castro Bouzas. PIR. Ferrol. España
 
  Este libro ten como subtítulo "El impacto de la práctica clínica en las emociones y vivencias del terapeuta" e condensa claramente as intencións cas que foi escrito. Os motivos polos que principiamos neste eido, o da Saúde Mental, e os polo que o seguimos. Tamén fala das cousas que nos poderán afectar, e de cómo afectan asimesmo ó noso entorno. Expóñenos cómo no noso traballo hai un custo personal, e mesmo un sufrimento, independientemente da nosa postura (que as máis das veces é una defensa de algo) teórica, de a onde nos leva éste e cales poderían ser as maneiras de evitalo "queime". Tradexa unha liña temporal dun labor que últimamente estamos vestindo das necesarias roupaxes científico-técnicas, pero que xa ven desde moi antigo, no noso labor por disminui-lo padecemento humano. E esto invariablemente afectanos ós que, como terapéutas, prestamos axuda mediante a nosa arte e a nosa ciencia. Un case debecería por ser bioloxicista porque...¿ quén sinte mágoa dun neurotransmisor?. Para os demáis difícil é non ter un desgaste: polo tanto a leitura aberta deste libro, nada pesada, pódenos devolver unha imaxe do que nos está pasando e mesmo do que nos podería pasar.
 
© Asociación Galega de Saúde Mental 1997